Aeroporto de Varsovia-Chopin
O aeroporto de Varsovia-Chopin é un aeroporto internacional situado no distrito Włochy de Varsovia, a capital de Polonia. Trátase do aeroporto máis grande do país cubrindo unha área de 834 hectáreas, e é tamén o máis concorrido, pasando por el o 40% dos viaxeiros por aire de Polonia. Varsovia-Chopin ten ao redor de 300 voos regulares diarios e un número cada vez maior de voos chárter. Londres, Chicago, Frankfurt, París e Ámsterdam son as conexións internacionais máis usadas, mentres que Cracovia, Wrocław e Gdańsk son os destinos domésticos máis populares.
Read article